martes, 17 de diciembre de 2019

500 ANOS DA IGREXA DE SANDIÁS: O CHANTRE ALONSO DE PIÑA, O MESTRE DE CANTERÍA BARTOLOMÉ DE NOSENDO E O MISTERIO DO “ANTES DE 1520”

Segundo indica a historiadora Olga Gallego, o prior Piña comezou a obra do Bon Xesús de Trandeiras en 1520 rematándoa aproximadamente no 1523. Tamén fai referencia a historiadora Yolanda Barriocanal a documentación do mosteiro publicada por Couceiro Freijomil onde sinala a intervención do mestre de obras Batolomé de Nosendo, un dos primeros artistas portugueses coñecidos desprazado para traballar ao sur da rexión galega:

Vuelto el chantre Piña a Trandeiras, hizo llamar a Bartolomé de Nosendo, buen maestro de cantería que había hecho y acabado la sacristía de este monasterio (Xunqueira de Ambía) y otras obras que estaba haciendo en la iglesia de Sandianes, y trató con él de hacer la iglesia allí” (Couceiro Freijomil 1936-38: 503-511).

Nunha publicación posterior, a historia Barriocanal indica que a útima acción do mecenazgo de Alonso de Piña foi a fundación do Mosteiro de Trandeiras que comenzaría en 1519 e estando rematado en 1523, traballando na súa obra o maestro Bartolomeu de Nosendo.

Portada do Libro de Contas da Parroquia de Santo Estevo de Sandiás (1634)
Si o prior Piña comezou a obra do Bon Xesús de Trandeiras en 1519 ou 1520 pódese colexir que Bartolomé de Nosendo estaría a traballar, entre outros lugares, na igrexa de Santo Estevo de Sandiás,“antes de 1520”.
Libro VIII de Bautizados Parroquia San Estevo de Sandiá (1942)
O dato histórico vémolo referendado no Libro VIII de Bautizados da Parroquia nunha nota escrita polo párroco, Darío Miranda en 1942.
Coa finalidade de ter unha referencia fixa para a celebración dos 500 anos e por ser a data referenciada de maneira habitual en moitos escritos, establecemos a convención de que foi construida no século XVI (1520) baixo a dirección do mestre de cantería Bartolomé de Nosendo.

Fontes:

Olga Gallego Domínguez; “Os mosteiros da Limia no Antigo Réxime” en Xulio Rodríguez (Ed.); Patrimonio Cultural da Alta Limia. Discurso Histórico e Ordenación do Territorio, Fundación Barrié, 2013, páxinas 183-185.

Yolanda Barriocanal; “Arquitectura relixiosa da Limia” en Xulio Rodríguez (Ed.); Patrimonio Cultural da Alta Limia. Discurso e Ordenación do Territorio, Fundación Barrié, 2013, páxina 315.

Yolanda Barriocanal; La actividad escultórica en Ourense, del Renacimiento al Barroco, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e Grupo Marcelo Macía, 2016, p. 167.