miércoles, 12 de agosto de 2020

VISITA GUIADA POLO PATRIMONIO DE SANDIÁS: A IGREXA DE SANTO ESTEVO

 VISITA GUIADA POLO PATRIMONIO DE SANDIÁS: A IGREXA DE SANTO ESTEVO

No marco do V Centenario (1590/2020) da Igrexa de Santo Estevo, a Asociación Cultural Bidueiro de Vigo, ven de celebrar a xornada sociocultural e ambiental "Historia e Natureza da Limia (I), centrándose especialmente nos Concellos de Sandiás e Xinzo de Limia.


A visita guiada a igrexa, o 5 de Xullo de 2020 levouna a cabo Alex De Los Ríos, historiador e guía turistico con boas habilidades profesionais e didácticas. Complementou a visita guiada o párroco Don Manuel. Visitaron tamén a capela de San Bieito de Ouceira.