domingo, 1 de marzo de 2020

CONFERENCIA DE MANUEL MANDIANES E CONCERTO DE MERAKI SAXOPHONE QUARTET

O venres 13 de marzo ás 19.00, no marco do V Aniversario da construcción da igrexa de Santo Esstevo de Vilar de Sandiás, o profesor Manuel Mandianes pronunciará unha conferencia en clave antropolóxica sobre a influencia dos templos na vida das persoas.
Cartel da Conferencia e do Concerto na Igrexa de Santo Estevo de Sandiás 2020
Clausurará o acto un concerto de cámara a cargo do grupo Meraki Saxophone Quartet, que interpretarán obras de Grieg, Dvorak e Escaich. No programa, faise presente o estreno da obra de Sekhmet do compositor Brais González, evocación da deusa exipcia do mesmo nome, e que sonará por primeira vez na nave deste xoia arquitectónica da Limia Alta.