Concretamente, o
pasado martes 3 de Marzo, foron convocados na rectoral da Igrexa Vella de Xinzo
de Limia as 19.00 horas, diversos representantes dos concellos, parroquias etc
da comarca da Limia Alta. Presidiu a reunión a Directora Xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.
A Xunta de Galicia
está pondo en marcha o programa “Voluntariado no Camiño” coa finalidade de
informar aos peregrinos do patrimonio cultural e dos servizos existentes na
zona. O programa permitirá que os caminantes coñezan na súa viaxe as igrexas,
castros ou mámoas; así como ofrecerlles información sobre albergues, centros de
saúde, oficinas de turismo e outros recursos.
![]() |
| Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventud, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia |
Co programa
intentase relanzar a participación coma voluntarios da veciñanza da zona e dar
oportunidade as persoas voluntarias de seren embaixadores das rutas xacobeas. O
inicio deste programa vaise facer no Camiño Francés, no Portugués e no da Vía
da Prata ou Camiño Mozárabe.
Esta proposta
fará posible a apertura das igrexas e monumentos que reflicten a riqueza do
legado histórico e relixioso do Camiño, e que con anterioridade non estaban
accesibles aos caminantes e peregrinos. Así mesmo, promocionará outro tipo de patrimonio
como castros, cruceiros, lavadeiros, mámoas, etc.
Nas próximas semanas abrirase un formulario de inscripción on line para todo aquel que queira participar no “Voluntariado no Camiño”. Para ser voluntario habrá que realizar un curso de formación, ben online ou presencial, coa finalidade de que se adquiran os coñecementos necesarios. Será a Xunta de Galicia a que sufrage os diferentes gastos de mantenemento, seguro, transportes e o material que se precise.

No caso concreto
da Limia Alta, a Igrexa de Santa María de Xinzo e a Igrexa de Santo Estevo de
Sandiás, dentro da ruta da Vía da Prata, son dous exemplos concretos de
elementos patrimoniais que se podrán por en valor o amparo deste programa.