jueves, 5 de marzo de 2020

SANTA MARIÑA DE XINZO E SANTO ESTEVO DE SANDIÁS: A VÍA DA PRATA, UNHA DAS PRIMEIRAS RUTAS DO PROGRAMA “VOLUNTARIOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO”


A Xunta, o día 5 de Marzo de 2020 acaba de abrir o prazo de inscrición para promover o voluntariado nos camiños de Santiago, en concreto na Vía da Prata ou Camiño Mozárabe. Esta ruta é a primeira que se porá en marcha co novo programa de “Voluntariado no Camiño”.
Fonte: Xunta de Galicia, 2020.
As persoas que participen no programa acompañarán aos peregrinos nas visitas a igrexas e patrimonio histórico, natural e etnográfico da zona. Así mesmo cumplirán unha función informativa sobre os recursos patrimonias.

A anotación no programa de voluntariado pódese facer a través da páxina web de Voluntariado Galego. O programa contempla dous tipos de figuras: a do voluntariado informativo (dar conta sobre os aspectos culturais e servizos existentes nun ámbito territorial) e o voluntariado cultural ( acompañar a peregrinos e visitantes as igrexas e outros monumentos patrimoniais). Os voluntarios estarán cubertos en todo momento en relación co seguro, identificación oficial rexistro da súa experiencia coma voluntario e gastos de materias necesarios para o programa.

No caso concreto da Vía da Prata, entre outras, podrán colaborar co programa as igrexas de Santa Mariña de Xinzo de Limia e a Igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
A través do mesmo programa tamén se porán en valor castros,cruceiros, lavadeiros, mámoas e outros fitos patrimoniais.