miércoles, 12 de agosto de 2020

VISITA GUIADA POLO PATRIMONIO DE SANDIÁS: A IGREXA DE SANTO ESTEVO

 VISITA GUIADA POLO PATRIMONIO DE SANDIÁS: A IGREXA DE SANTO ESTEVO

No marco do V Centenario (1590/2020) da Igrexa de Santo Estevo, a Asociación Cultural Bidueiro de Vigo, ven de celebrar a xornada sociocultural e ambiental "Historia e Natureza da Limia (I), centrándose especialmente nos Concellos de Sandiás e Xinzo de Limia.


A visita guiada a igrexa, o 5 de Xullo de 2020 levouna a cabo Alex De Los Ríos, historiador e guía turistico con boas habilidades profesionais e didácticas. Complementou a visita guiada o párroco Don Manuel. Visitaron tamén a capela de San Bieito de Ouceira.





jueves, 5 de marzo de 2020

SANTA MARIÑA DE XINZO E SANTO ESTEVO DE SANDIÁS: A VÍA DA PRATA, UNHA DAS PRIMEIRAS RUTAS DO PROGRAMA “VOLUNTARIOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO”


A Xunta, o día 5 de Marzo de 2020 acaba de abrir o prazo de inscrición para promover o voluntariado nos camiños de Santiago, en concreto na Vía da Prata ou Camiño Mozárabe. Esta ruta é a primeira que se porá en marcha co novo programa de “Voluntariado no Camiño”.
Fonte: Xunta de Galicia, 2020.
As persoas que participen no programa acompañarán aos peregrinos nas visitas a igrexas e patrimonio histórico, natural e etnográfico da zona. Así mesmo cumplirán unha función informativa sobre os recursos patrimonias.

A anotación no programa de voluntariado pódese facer a través da páxina web de Voluntariado Galego. O programa contempla dous tipos de figuras: a do voluntariado informativo (dar conta sobre os aspectos culturais e servizos existentes nun ámbito territorial) e o voluntariado cultural ( acompañar a peregrinos e visitantes as igrexas e outros monumentos patrimoniais). Os voluntarios estarán cubertos en todo momento en relación co seguro, identificación oficial rexistro da súa experiencia coma voluntario e gastos de materias necesarios para o programa.

No caso concreto da Vía da Prata, entre outras, podrán colaborar co programa as igrexas de Santa Mariña de Xinzo de Limia e a Igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
A través do mesmo programa tamén se porán en valor castros,cruceiros, lavadeiros, mámoas e outros fitos patrimoniais.

martes, 3 de marzo de 2020

A XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DA DIRECCIÓN DE XUVENTUDE PRESENTA NA LIMIA ALTA O PROGRAMA “VOLUNTARIADO NO CAMIÑO” PARA INFORMAR AOS PEREGRINOS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL E OS SERVIZOS DE CADA ZONA


Concretamente, o pasado martes 3 de Marzo, foron convocados na rectoral da Igrexa Vella de Xinzo de Limia as 19.00 horas, diversos representantes dos concellos, parroquias etc da comarca da Limia Alta. Presidiu a reunión a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.
Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventud, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia está pondo en marcha o programa “Voluntariado no Camiño” coa finalidade de informar aos peregrinos do patrimonio cultural e dos servizos existentes na zona. O programa permitirá que os caminantes coñezan na súa viaxe as igrexas, castros ou mámoas; así como ofrecerlles información sobre albergues, centros de saúde, oficinas de turismo e outros recursos.
Co programa intentase relanzar a participación coma voluntarios da veciñanza da zona e dar oportunidade as persoas voluntarias de seren embaixadores das rutas xacobeas. O inicio deste programa vaise facer no Camiño Francés, no Portugués e no da Vía da Prata ou Camiño Mozárabe.
Esta proposta fará posible a apertura das igrexas e monumentos que reflicten a riqueza do legado histórico e relixioso do Camiño, e que con anterioridade non estaban accesibles aos caminantes e peregrinos. Así mesmo, promocionará outro tipo de patrimonio como castros, cruceiros, lavadeiros, mámoas, etc.
La conselleira de Política Social, Fabiola García, y el de Cultura y Turismo, Román Rodríguez, firmaron hoy un convenio en el Santuario de la Escravitude que permite el desarrollo del programa. Fonte: Xunta de Galicia

Nas próximas semanas abrirase un formulario de inscripción on line para todo aquel que queira participar no “Voluntariado no Camiño”. Para ser voluntario habrá que realizar un curso de formación, ben online ou presencial, coa finalidade de que se adquiran os coñecementos necesarios. Será a Xunta de Galicia a que sufrage os diferentes gastos de mantenemento, seguro, transportes e o material que se precise.
No caso concreto da Limia Alta, a Igrexa de Santa María de Xinzo e a Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, dentro da ruta da Vía da Prata, son dous exemplos concretos de elementos patrimoniais que se podrán por en valor o amparo deste programa.

domingo, 1 de marzo de 2020

CONFERENCIA DE MANUEL MANDIANES E CONCERTO DE MERAKI SAXOPHONE QUARTET

O venres 13 de marzo ás 19.00, no marco do V Aniversario da construcción da igrexa de Santo Esstevo de Vilar de Sandiás, o profesor Manuel Mandianes pronunciará unha conferencia en clave antropolóxica sobre a influencia dos templos na vida das persoas.
Cartel da Conferencia e do Concerto na Igrexa de Santo Estevo de Sandiás 2020
Clausurará o acto un concerto de cámara a cargo do grupo Meraki Saxophone Quartet, que interpretarán obras de Grieg, Dvorak e Escaich. No programa, faise presente o estreno da obra de Sekhmet do compositor Brais González, evocación da deusa exipcia do mesmo nome, e que sonará por primeira vez na nave deste xoia arquitectónica da Limia Alta.

sábado, 28 de diciembre de 2019

ACTO DE INAUGURACIÓN DA CELEBRACIÓN DOS 500 ANOS DA IGREXA DE SANTO ESTEVO DE VILAR DE SANDIÁS

Momento de convivencia e compartir petiscos no Local Social do Concello de Sandiás
Actuación de Panxoliñas do Nadal do Coro de Sandiás

Actuación de Panxoliñas do Nadal da Coral Queixumes dos Pinos
Momento da Celebración Presidida polo Sr. Bispo da Diócese de Ourense

Momento da Celebración Presidida polo Sr. Bispo da Diócese de Ourense


La Región, 27 de Decembro de 2019